Saúdo do presidente

Mentres estamos a ver pasar diante dos nosos ollos as complicadas redes da chamada sociedade da información e da comunicación global, é de obrigado cumprimento non esquecer as nosas raíces, a nosa procedencia. Mesmo aproveitalas para gañar mellor posición neste esixente contorno.

Por iso naceu a Fundación Galicia Empresa. Dende a pluralidade ideolóxica, sectorial e política non ten outra finalidade que a de promover o uso da lingua e cultura galegas no noso contorno intelectual e empresarial. Unha idea orixinal ao servizo de moitas persoas e entidades que ven na nosa galeguidade o seu sinal de identidade.

A nosa teima é crear unha empresa con caracter propio e conectada coa sociedade, impulsando o emprego do galego dentro dela, tanto na súa comunicación interna, entre o persoal, como externa, en publicidade e no contacto directo co cliente. Porque o consumidor agradece poder empregar nos comercios a lingua que fala na casa. 
 

Benito Fernández González
Presidente da Fundación Galicia Empresa

© 2007 Fundación Galicia Empresa  Aviso legal